viernes, 24 de febrero de 2012

Un exemplo de vídeo creativo: Santiago 2060

As consecuencias do cambio climático en Santiago de Compostela, traballo realizado por
Joaquín Montero Vázquez de 3º da ESO (2010) do IES de Arzúa (Arzúa, A Coruña)

jueves, 23 de febrero de 2012

Cara onde imos

Traballo realizado por María Gregorio Sobrino e María Isabel Seoane Lorenzo alumnas de Educación Ambiental o curso pasado.

Espero a vosa opinión

viernes, 10 de febrero de 2012

Un exemplo real do que se pode facer desde a escola



Félix Finkbeiner é un neno alemán (conselleiro Ambiental das Nacións unidas) que, con tan só 13 anos, converteuse nun activista ambiental a través da súa propia asociación "Plant for the Planet". Este pequeno está demostrando unha forte vontade proxectando o obxectivo de plantar dun billón de árbores en todo o mundo en 10 anos.





Felix non naceu falando e pensado deste xeito, a educación da súa familia e dos seus profesores esta na súa mochila, ou non?

miércoles, 8 de febrero de 2012

Obsolescencia programada

Documental sobre obsolescencia programada, é dicir, obxectos fabricados para non durar. Lámpadas que teminan a súa vida ás mil horas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións... Por que, a pesar dos avances tecnolóxicos, os produtos de consumo duran cada vez menos?...

La historia de las cosas

Por se queredes volver ver o vídeo que visualizamos na clase ou queredes recomendalo a un amig@. Formula ideas para pasar á acción e tratar de mitigar os problemas que expón Annie.

Algúns obxectivos deste blog de blogs

Xa vai sendo hora de falar dos obxectivos deste traballo común. Seguro que estades acostumados a formular os obxectivos en infinitivo, está vez ímolo a facer dun xeito máis atractivo.

Primeiro déixovos un vídeo do coro virual de Eric Whitacre que fai obvio calquera comentario.



En segundo lugar unha frase de Bernard Shaw:"Se ti tes unha mazá e eu teño unha mazá e intercambiamos mazás, entón tanto ti como eu seguimos tendo unha mazá, pero se ti tes unha idea e eu teño unha idea e intercambiamos ideas, entón ambos temos dúas ideas".

Por último un comportamento social das formigas pode servir de exemplo do que é un bo traballo en equipo.


martes, 7 de febrero de 2012

Aprendizaxe por imitación

Algúns estades a falar nos vosos comentarios de que os nenos/as copian os seus comportamentos da tele, dos videoxogos, dos maiores, etc. é dicir, resumindo, do aprendijaje por imitación. Déixovos dous vídeos que vos axudarán a reflexionar. Credes que este tipo de aprendizaxe é decisivo en Educación ambiental?





lunes, 6 de febrero de 2012

Que chega o lobo!!!!

Por que o medo ao lobo e non a outros animais que tamén poden ser perigosos? terá isto algo que ver cos contos tradicionais?



Vídeo realizado na Escola de Educación Infantil Milladoiro por nenos/as de 5 anos.

sábado, 4 de febrero de 2012

Un xenio da literatura e do pensamento




"Qué clase de mundo es éste que puede mandar máquinas a Marte y no hace nada para detener el asesinato de un ser humano?"

"Pienso que todos estamos ciegos. Somos ciegos que pueden ver, pero que no miran."
José Saramago

Recoméndovos o seguinte conto, sinxelo, cheo de tenrura, de amor a Natureza... coa voz do seu autor o xenial José Sarmago.

miércoles, 1 de febrero de 2012

Aral, el mar perdido

Un documental de Isabel Coixet, no que nos conta o proceso de desecación do Mar de Aral, un dos maiores desastres ecolóxicos da historia.


http://www.rtve.es/alacarta/videos/otros-documentales/aral-mar-perdido/1052282/

Coñeces algún desatre ecolóxico semellante ao do Mar Aral, aínda que a menor escala, que aconteceu fai anos na provincia de Ourense?

Un mozo de 94 anos