viernes, 20 de abril de 2012

Recomendado por David Rial: Comprar, tirar y comprar (documental ampliado)




Onte 'O documental da 2' estreou a versión estendida de 'Comprar, tirar, comprar'. Esta produción, dirixida por Cosima Danoritzer, achega probas á sospeita de que gran parte dos produtos de consumo están fabricados para non durar. Logo de cultivar éxitos de crítica e público en televisións e festivais de todo o mundo, chega esta nova versión duns 70 minutos de duración con información ampliada. Entre outros premios o documental recibiu o I Premio Science, Technology and Education (China); Mellor documental da Academia de Televisión (España); Mellor documental en SCINEMA (Australia); Premio especial 'Maeda' / Japan Prize (NHK, Tokio); Ondas Internacional (España); Mellor documental en FILMAMBIENTE 2011 (Brasil); Mención Especial do Xurado no FICMA 2011 (España); Finalista Focal International Awards de Londres; Finalista Magnolia Awards do Xangai TV Festival 2011 ou Finalista Prix Europa en Berlín.

Fai algo máis dun ano, os espectadores coñeceron un novo concepto que en pouco tempo popularizouse na rede e provocou un debate sobre a vida dos produtos tecnolóxicos. Ese concepto era a obsolescencia programada, é dicir, que os produtos fabrícanse para non durar co fin de incrementar o consumo. O documental dirixido por Cosima Danoritzer 'Comprar, tirar, comprar', buscaba probar a sospeita de que existe realmente unha redución deliberada da duración dos produtos tecnolóxicos.

1 comentario:

  1. Cando vimos o vídeo en clase quedei asombrado porque como di o dito: No é máis feliz o que máis ten sen o que menos necesita.

    Pero esto queda moi bonito na teoría pero na práctica (a cruda realidade) é moi diferente.

    Agora non resulta tan bo para as empresas crear productos de longa duración (porque así non venden e non xerar cartos) senón productos que, aínda que se coiden ben, duran pouco.

    Ademais as empresas xa se encargan (a través da publicidade) de crearnos unha conciencia consumista e individualista para estar á moda.

    Pero a realidade coa que me quedo é que son feliz tendo o xusto, porque para min o TODO compleméntase sendo honesto e coherente con todo o que realizo neste mundo e que afecta aos que me rodean.

    ResponderEliminar