O conto da Escola Galega de Consumo “Area fai seis” foi galardoado como mellor obra interactiva nos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual durante a gala celebrada o sábado 28 de abril na Coruña.
A obra multimedia, totalmente interactiva con sons, animacións e outro tipo de efectos, foi editada por Galaxia con texto de Araceli Gonda e ilustracións en plastilina de María Noel Toledo e intégrase no “Proxecto de educación para o consumo en educación infantil”, creado pola EGC para constituírse nunha ferramenta teórica e referencial para levar a cabo os obxectivos da educación do consumidor dende as primeiras etapas de Educación Infantil e para facer reflexionar aos máis cativos dunha forma lúdica.
O material didáctico forma parte do álbum dixital “Dálle a volta” e pódese consultar na páxina web do Instituto Galego de Consumo.
A protagonista deste conto é Area, unha nena a piques de cumprir seis anos que se sinte frustrada porque seus pais decidiron que para o seu aniversario tería unha festa diferente, sen agasallos e sen gastos innecesarios.
"Dale la vuelta" é unha proposta centrada na educación emocional e cun enfoque desde as competencias básicas, que pretende darlle a volta ao consumismo.
Neste documento establécese o marco teórico de como levar a cabo os obxectivos da educación do consumidor ofrecendo orientacións e exemplos de como tratar o consumo responsable desde o proxecto educativo do centro infantil, desde cada un dos equipos de dinamización presentes nas escolas, desde a biblioteca escolar ou desde o aula, en estreita colaboración coas familias e con outros servizos que atenden ás nenas e nenos galegos no seu día a día. Así mesmo, recolle tres ejemplificaciones didácticas nas que se mostra como traballar a educación para o consumo en cada un dos niveis do 2º ciclo de EI. Todo iso cunha chea de enlaces que amplían e complementan a información.
"Area cumpre 6" é un conto interactivo que se pode descargar aqui.
Me parece una idea formidable de concienciarnos (desde pequeñitos) a que el consumismo en sí y porque sí es un aspecto negativo.
ResponderEliminarComo se dice siempre no es más feliz el que más tiene sino el que menos necesita y tiene toda la razón.
Porque si se tiene lo justo e indispensable para vivir y sobre todo en la mayoría de los casos, cómodamente, ¿por qué se va a quedar más y más?
La razón es porque nos infravaloramos y queremos ser lo que los demás tienen y, verdaderamente, lo que tenemos que ser es ser nosotros mismos sabiendo nuestros pros y contras y saber adaptarse a ellos.